'Depotermal' arrinca este luns cunha primeira saída ás Termas de Cuntis

Por Redacción
O programa de termalismo e saúde da Deputación de Pontevedra, 'Depotermal', inaugura este luns unha nova edición coa asistencia dun total de 72 persoas da provincia maiores de 50 anos ás Termas de Cuntis.
Trátase de veciños dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Meaño, Meis e Ribadumia que gozarán da modalidade diúrna deste programa, polo que acudirán durante cinco días consecutivos ao establecemento termal para desfrutar das súas instalacións, como os baños de hidromasaxe ou a piscina terapéutica.
'Depotermal' está dirixido ás persoas maiores de 50 anos, xubiladas, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65% ou que teñan acreditado un respiro familiar, ten como finalidade facilitarlles aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros.
Ao mesmo tempo pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade ao desestacionalizar a demanda.
Conta con dúas modalidades: unha diúrna, mediante a que as persoas beneficiarias asisten aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoita, a través da que se ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. En total, son 2.447 as persoas beneficiarias, das que 664 aproveitarán a asistencia diúrna e 1.783 persoas a asistencia con pernoita.
Relacionadas:
-
A Deputación mobiliza máis de dous millóns de euros para a provincia
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación aprobará novas axudas do Plan Concellos e a posta en marcha dos programas Pontegal e Depotermal
Por Oskar Viéitez |
-
Xa se poden solicitar prazas do programa de termalismo da Deputación
Por Redacción |