O Náutico de Sanxenxo instala os pantaláns na Panadeira, tras transportalos por mar desde Marín
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Por sorpresa, durante a tarde do domingo, o Club Náutico de Sanxenxo decidiu levar a cabo a obra de instalación dos pantaláns na praia da Panadeira, tal e como anunciaran. O transporte do material realizouse a través do mar, dende o Porto de Marín.
Segundo publica Águeda Piñeiro no Diario de Pontevedra, os integrantes da Plataforma SOS Panadeira mantiñan a vixilancia na praia pero, non obstante, non lograron evitar a instalación a pesar de que chegaron a formularse a posibilidade de utilizar embarcacións para facer fronte aos operarios. Ao final desistiron de realizar un enfrontamento dende o mar e os cincuenta veciños que se reuniron na Panadeira decidiron lanzar as súas protestas contra as obras dende a praia vivíndose momentos de tensión.
Segundo expón unha das responsables do colectivo, Lupe Gómez, os veciños van continuar facendo gardas na praia porque "todavía queda la instalación de cinco pilotes y tienen que poner la rampa desde tierra. Lo necesitan, porque ahora a los pantalanes solo pueden acceder desde el mar. Así que seguiremos intentando hacerles frente desde tierra".
Durante a mañá deste luns 27, o avogado da Plataforma solicitou a través da presentación dun recurso administrativo no Xulgado número 2 de Pontevedra unha petición para que as obras se paralicen temporalmente á espera de que se resolvan os recursos presentados pola propia Plataforma e polo Concello de Sanxenxo. O recurso que presentan baséase nun informe biolóxico.
Ademais, os membros deste colectivo anunciaron que asistirán este luns 27 ao pleno municipal de Sanxenxo para pedir explicacións ao grupo de goberno sobre a débeda que o Club Náutico mantén co Concello de Sanxenxo. Segundo Lupe Gómez, os veciños cren que a débeda "asciende a casi 1,8 millones de euros, así que no pueden estar diciendo que son creadores de riqueza".
Relacionadas:
-
Nauta solicita ante o TSXG a paralización das obras dos peiraos do Real Club Náutico
Por Redacción |
-
Advirten que os novos pantaláns do Náutico serían "incompatibles" coa Bandeira Azul na Panadeira
Por Redacción |
-
Nauta Sanxenxo solicitará ao xulgado que paralice as obras dos peiraos do Náutico
Por Redacción |
-
200 persoas apoian a protesta de S.O.S. Panadeira contra as obras do Náutico
Por Redacción |
-
Rexeitamento veciñal e do Concello ante a reanudación das obras do Náutico de Sanxenxo
Por Diego Espiño |