Poio busca coñecer mellor aos peregrinos para seguir ‘no Bo Camiño’

Por Redacción
O Concello de Poio quere afondar na súa unión co Camiño de Santiago e coñecer en detalle os datos e preferencias dos peregrinos que percorren algunha das variantes da ruta xacobea ao seu paso por Poio, co obxectivo de mellorar a súa experiencia e contribuír á súa desestacionalización e a internacionalización.
Para facelo, acaba de poñer en marcha a campaña 'no Bo Camiño'. A información obtida utilizarase para impulsar un atractivo turístico e cultural único que o actual Goberno local considera que estaba "completamente infravalorado polo anterior".
A concelleira de Turismo, Rocío Cochón, explicou que a iniciativa inclúe, nunha primeira fase, a colocación de códigos QR con enquisas en varios idiomas (galego, castelán, portugués e inglés polo momento, con previsión de incorporar máis linguas segundo a demanda) na recepción do Concello, nas Oficinas de Información Turística, nos sinais indicativos e noutros puntos de interese ao longo do percorrido.
Ao escanear os códigos, os peregrinos poderán elixir o idioma preferido e responder a unha enquisa que permitirá "traballar a futuro incorporando suxestións e preferencias dos peregrinos".
Ademais, reforzarase o rexistro de información dos peregrinos coa colaboración da Orde Mercedaria, que recompilará os datos das persoas que selen a Compostela no Monasterio.
De momento, os datos recollidos só nas últimas semanas indican que máis do 50% dos peregrinos que atravesan Poio son estranxeiros, sendo os máis numerosos os portugueses, italianos e alemáns.
"Despois dun verán moi positivo para o turismo de Poio, traballamos para construír un mellor destino desde o primeiro día do outono", sinala Cochón, para engadir que ao igual que os peregrinos, tamén as administracións precisamos saber onde se atopan para avanzar con rumbo certo.
Durante os próximos meses tamén se renovará e mellorará a sinalización e o Concello traballará no acondicionamento dos camiños utilizados polos peregrinos, en colaboración co resto de administracións e tratando o camiño por Poio como o que é, unha aposta estratéxica.
Polo concello de Poio transcorren dous itinerarios cun gran crecemento nos últimos anos, a Variante Espiritual e o Roteiro do Padre Sarmiento.
Relacionadas:
-
Unha praga de chinches afecta a varios albergues no Camiño de Santiago
Por Oskar Viéitez |
-
Centos de fieis recuperan a procesión nocturna da Mercé
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local e a oposición fan balance dos primeiros 100 días de mandato
Por Oskar Viéitez |
-
De Turín a Santiago camiñando xuntos polo autismo, e coa Garda Civil custodiando
Por Natalia Puga |
-
Izadas as bandeiras dos sendeiros azuis de Poio
Por Redacción |
-
Poio suma o seu segundo sendeiro azul, a Variante Espiritual do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
O programa 'O Teu Xacobeo' clausura a súa terceira como "a maior da historia de Galicia"
Por Redacción |
-
Poio participará en Fitur formando parte do stand da Red de Pueblos Mágicos de España
Por Oskar Viéitez |
-
Poio súmase ao maior proxecto mundial de alfombrismo para conmemorar o Xacobeo
Por Redacción |
-
A Garda Civil activa as Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino
Por Oskar Viéitez |
-
Poio colaborará co Encontro Europeo de Peregrinación Xuvenil
Por Redacción |