O PSOE denuncia a "baltarización" da Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O grupo provincial do PSdeG-PSOE denunciou o proceso de "baltarización" que, ao seu xuízo, está a poñer en marcha o novo goberno da Deputación de Pontevedra.
O portavoz do grupo provincial socialista, Carlos López Font, definiu esta "baltarización" como o "proceso que durante muchos años se llevó a cabo en la Deputación de Ourense de contratación de personal del Partido Popular" e dunha política de recursos humanos "siempre en beneficio de los adictos, militantes y próximos al PP".
Segundo manifestou Font nunha comparecencia celebrada este xoves, na administración provincial pontevedresa están a levar a cabo "oposiciones más opacas, purgas en servicios concretos con ceses absolutamente inadmisibles" ademais da contratación de "asesores anónimos que no conocemos" ou de "más chóferes para gabinetes".
"El Partido Popular en esta Deputación vuelve a las andadas" dixo o portavoz do PSOE. "Esto suena a Louzán claramente", engadiu en referencia ao último presidente do PP nesta administración, Rafael Louzán. "Queda certificado que ha vuelto el PP de políticas caciquiles", engadiu.
Font criticou que o goberno do presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, ten "paralizado" todo o referente aos concellos mentres que t"toma decisiones rápidas con aquellos a los que se quiere favorecer".
O PSOE asegurou que é o presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, quen "dirige el gobierno de esta Deputación" que "ya parece una sucursal del Partido Popular".
O grupo provincial socialista considera o cesamento do director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, como unha "purga ideológica ordenada directamente por Rueda" e censurou que "ni siquiera escucharon al Consejo Asesor del Museo antes de tomar una decisión escandalosa y sin ninguna lógica".
Ademais, os socialistas denunciaron que "se está imponiendo en la política de recursos humanos una absoluta opacidad en lo relativo al personal de confianza". Afirman que se aprobaron 19 asesores do conxunto do goberno e do grupo do PP cuxas contratacións seguen sen aparecer no portal de transparencia da Deputación.
Tamén advertiron da modificación de postos de traballo que figura na orde do día do próximo Pleno provincial na que se crean dúas prazas de choferes para o gabinete da presidencia e a vicepresidencia.
Font alertou que "eliminan de un plumazo otra garantía de transparencia" ao prescindir do persoal doutras administracións que participaban nos tribunais de oposición da Deputación coa intención de evitar procesos "endogámicos".
Finalmente, o PSOE criticou que no proceso de funcionarización posto en marcha para que 79 prazas de persoal laboral adquirisen a condición de funcionarios a única praza que se sacou cunha "celeridad extrema" corresponde á de Montserrat Otero Oitavén que formaba parte da candidatura do Partido Popular ao Senado nas últimas eleccións xerais.
Relacionadas:
-
O BNG fai un balance negativo dos primeiros cen días do novo goberno da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Luis López lamenta o "sectarismo" no que está "inmerso" o PSOE
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE afirma que o presidente da Deputación é "apocado y acomplejado" e está "escondido" dos alcaldes
Por Oskar Viéitez |
-
O presidente da Deputación atribúe as críticas do PSOE á súa "desorientación" tras a derrota electoral
Por Oskar Viéitez |
-
Luis López remite unha carta aos alcaldes da provincia na que avanza a aposta da Deputación polos investimentos nos concellos
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez xustifica o cambio na dirección do Museo na "visión de futuro", Lores expresa a súa "preocupación" e o PSOE fala de "purga ideolóxica"
Por Oskar Viéitez |
-
Ángeles Tilve, primeira muller á fronte do Museo de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE reclamará no Pleno da Deputación que o PP renuncie a repartir fondos "a dedo" e continúe co Plan Concellos
Por Oskar Viéitez |