200 persoas apoian a protesta de S.O.S. Panadeira contra as obras do Náutico
Por Redacción
Numerosos veciños, a pesar da choiva, acudiron á convocatoria da plataforma SOS Panadeira para realizar unha manifestación en contra dos peiraos que o Club Náutico pretende construír no porto de Sanxenxo. Os asistentes trasladáronse dende a Praza Dos barcos ata a sede do Club Náutico, onde entoaron cánticos de protesta.
A esta marcha acudiu o presidente da Asociación pola defensa dá Ría, Antón Masa, xunto a outros membros deste colectivo. Masa foi un dos encargados de ler o manifesto reivindicativo xunto a Javier Villalustre, voceiro da plataforma veciñal. Nese comunicado recordábase que é a sociedade civil a que realiza esta protesta para evitar unha "barbarie".
Segundo publica o Faro de Vigo, a plataforma SOS Panadeira pedirá este luns 27 no xulgado que se estableza a suspensión preventiva dos traballos que o Club Náutico continuou mentres non se resolven os recursos que foron presentados por parte do colectivo veciñal e polo Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Advirten que os novos pantaláns do Náutico serían "incompatibles" coa Bandeira Azul na Panadeira
Por Redacción |
-
Nauta Sanxenxo solicitará ao xulgado que paralice as obras dos peiraos do Náutico
Por Redacción |
-
O Náutico de Sanxenxo instala os pantaláns na Panadeira, tras transportalos por mar desde Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Rexeitamento veciñal e do Concello ante a reanudación das obras do Náutico de Sanxenxo
Por Diego Espiño |
-
Retoman as obras do Náutico de Sanxenxo malia que están recorridas no xulgado
Por Redacción |