As Festas da Merced recuperan a peregrinación nocturna e haberá verbena con París de Noia
Por Redacción
O edil de Festexos do Concello de Poio, Fran da Silva, deu a coñecer este martes a programación completa da Festa na Honra á Virxe da Merced, que se celebra esta fin de semana, entre o sábado 23 e o domingo 24, en colaboración con Fraternidad Seglar Mercedaria Orden III, e que ademais dos actos relixiosos, tamén inclúe actuacións musicais e outras actividades, así como o espectáculo da orquestra París de Noia.
Con respecto ao sábado, recupérase a tradicional peregrinación nocturna, que sairá ás 22.00 horas desde o adro da Igrexa de San Salvador, desde a capela Virxe de Fátima de Campelo e desde a Igrexa San Roque de Combarro, para confluir as tres procesións no último treito do camiño, e percorrer conxuntamente o traxecto ata o Mosteiro de Poio, acompañadas pola música da agrupación Vides Novas.
Tras a misa de medianoite, coa actuación da coral San Xoán de Poio, comezará na Praza do Mosteiro a gran queimada e repartirase chocolate e rosca entre os asistentes. A música correrá a cargo da Orquestra Alianza.
Xa o domingo, día grande da festa, a xornada arrancará con dianas e alboradas cos grupos Vides Novas e Escola de Música Tradicional de Poio. Ás 12.00 horas celebrarase a tradicional Misa da Vendimia, coa actuación do coro Virxe da Renda, e xa pola tarde, ás 19.00 horas, o Mosteiro de San Xoán acollerá a misa con procesión na honra da patroa. Participarán a Banda de Música de Marín e o coro Virxe de Fátima de Campelo.
Pola noite, A Seca despedirá a festa coa actuación da orquestra París de Noia, ás 21.00 horas.
Relacionadas:
-
Centos de fieis recuperan a procesión nocturna da Mercé
Por Oskar Viéitez |
-
Combarro volverá a celebrar o Día de Colón, que non se organiza desde 2018
Por Oskar Viéitez |
-
Inician os trámites para declarar a Festa da Ameixa de interese turístico de Galicia
Por Redacción |
-
Un cento de nenos e nenas fórmanse na Seca nunha mobilidade segura
Por Redacción |