Outono pasado por auga para a comunidade universitaria

Por Redacción
O programa Augaventura regresa co comezo do curso para convidar á comunidade universitaria a practicar deportes acuáticos na contorna natural.
A iniciativa ofrece durante os meses de outubro e novembro sesións de flyboard; descenso de rápidos; unha ruta á illa de San Simón que combina caiac, andaina e snorkel; surf; wakeboard; windsurf e mergullo que será a primeira actividade do calendario e que conta con dúas datas para elixir: 14 e 28 de outubro e o escenario serán as illas Cíes.
O obxectivo do programa é facilitar que os membros da comunidade universitaria se inicien na practica de deportes acuáticos que requiren de certo equipamento para a súa práctica.
A inscrición está aberta a través de Campus Activo.
Relacionadas:
-
Un obradoiro de 'memes' feministas e outras cinco actividades para abordar a fenda de xénero na comunicación dixital
Por Redacción |
-
Un estudo sobre bioturbulencia na costa de Bueu, premio IG Nobel de física
Por Redacción |
-
Galifunk Brass, Lontreira e Ailá, no ciclo ‘Músicas para reCREAr’ no Teatro Principal este outono
Por Redacción |
-
Preto de 250 persoas participarán na festa do WordPress
Por Oskar Viéitez |