Pontevedra cederá á Xunta unha vivenda para acoller a vítimas de violencia machista

Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, anunciou este luns que o Concello de Pontevedra poñerá ao dispor da Xunta unha vivenda para acoller a vítimas de violencia machista.
A rede galega de acollemento para vítimas da violencia de xénero conta na actualidade con sete recursos (casas de acollida, vivendas tuteladas e un centro de emerxencia) situados nas localidades da Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol, Lugo, Burela e Chantada, nos que se ofrecen 84 prazas.
Pontevedra cederá á Xunta un piso duns 100 metros cadrados e tres habitacións para que integre nesta rede.
A proposta do goberno local de Pontevedra comunicouse este luns á Xunta. Ademais, a concelleira de Igualdade solicita unha reunión para que determinar as necesidades, características deste servizo.
Anabel Gulías precisou que as dúas únicas esixencias por parte do Concello son que a xestión deste recurso sexa pública e que este servizo teña un carácter universal, é dicir, que o piso acolla a vítimas de violencia machista independentemente da súa procedencia ou lugar de residencia.
A concelleira nacionalista tamén explicou que se poñerá en contacto coa concelleira do Partido Popular de Pontevedra, Silvia Junco, quen días atrás presentou unha moción na que instaban ao Concello a tomar esta mesma iniciativa.
RESPOSTA DO PP
Tras coñecer a proposta, a concelleira popular Silvia Junco, respondeu que no seu grupo municipal "nos alegramos" con esta proposta do Goberno local do BNG, aínda que engade que "es una pena que lleguemos tan tarde", debido a que en novembro de 2019 o PP xa fixo esta mesma petición e naquel momento, foi rexeitada pola concelleira de Igualdade, a socialista Paloma Castro.
Agora co BNG xestionando a área de Igualdade o Concello cede á Xunta un piso para habilitar como casa de acollida e Silvia Junco responde que "me alegar ver que atienden a razones y que salgan a delante necesidades tan prioritarias como es la atención y respaldo a mujeres víctimas de violencia machista. Nunca es tarde si la dicha es buena", concluíu a concelleira do PP.
"É unha das primeiras medidas que imos a tomar na área de Igualdade", sinalou Anabel Gulías, que adiantou que xa están a traballar na programación ao redor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra anualmente o 25 de novembro.
"Nesa loita, a nosa opinión é que debemos ir das máns todas as administraciones e traballar sen fisuras para non facer desto unha arma arroxadiza", apuntou a concelleira.
Relacionadas:
-
O debate pola amnistía embaza a concordia do pleno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
O PP pide ao Concello de Pontevedra que habilite un piso de acollida para mulleres maltratadas
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE acusa o BNG de "frivolizar" e "racanear" na protección das mulleres e pide datos sobre os puntos violetas das festas
Por Natalia Puga |