Un cento de nenos e nenas fórmanse na Seca nunha mobilidade segura

Por Redacción

© Concello de Poio

© Concello de Poio
Baixo o lema "Transporte escolar seguro, curso feliz" desenvolvéronse na chaira da Seca as actividades da oitava edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade viaria no que participaron uns 120 nenos e nenas de colexios da comarca.
Esta actividade, impulsada pola FANPA Pontevedra en colaboración coa Policía Local de Poio, Tráfico, Protección Civil, a Subdelegación do Goberno ou o Concello de Poio, contou coa participación do Poio Bike Club ou de alumnos do bacharelato internacional do Sek Atlántico.
Os nenos e nenas que participaron nesta edición, que tiñan entre 3 e 12 anos, distribuíronse en grupos segundo a súa idade e foron rotando polas diferentes actividades que había.
Así, pasaron polo circuíto de karts, peóns e ciclistas para aprender normas básicas de circulación e mobilidade, para o que contaron con vehículos eléctricos e karts.
Houbo ademais un concurso de debuxo sobre educación viaria, un obradoiro sobre normas básicas de primeiros auxilios ou unha exposición de vehículos e medios de atención da Policía Local de Poio, Protección Civil, Cruz Vermella e a Garda Civil de Tráfico.
Un obradoiro formativo sobre bicicletas ou charlas para as familias sobre a seguridade viaria, coa finalidade de ensinar as normas de sobre o transporte escolar seguro, foron outras das actividades que se organizaron nesta edición.
Os participantes da oitava edición de Ponte a Conducir procedían de diferentes centros educativos de Poio, Pontevedra, Marín, Sanxenxo, Meis, Vilaboa ou Moraña.
Ponte a Conducir educa en mobilidade segura a un cento de nenos e nenas da comarca
Baixo o lema "Transporte escolar seguro, curso feliz" desenvolvéronse na chaira da Seca as actividades da oitava edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade viaria no que participaron uns 120 nenos e nenas de colexios da comarca
© Concello de Poio
Relacionadas:
-
As Festas da Merced recuperan a peregrinación nocturna e haberá verbena con París de Noia
Por Redacción |
-
Rueda anuncia un bono deportivo de 120 euros para axudar a familias con fillos federados de entre 6 e 16 anos
Por Redacción |
-
'Ponte a Conducir' volve converter á Seca nunha aula práctica de educación viaria
Por Oskar Viéitez |