O baixo está desenladrillado
Por Redacción
Os Bombeiros de Pontevedra eliminaron a mediodía o perigo que supoñía a presenza de ladrillos soltos nun baixo da Rúa da Torre.
Os bombeiros recibiron unha alerta ás 14.00 horas de que nesta rúa había varios cascotes soltos que dificultaban a circulación de peóns pola beirarrúa e de vehículos pola calzada.
Unha dotación desprazouse ao lugar, onde compareceu tamén a Policía Local. Alí varreron todos os restos de ladrillos que caeran á beirarrúa e a calzada.
A continuación, retiraron as pezas que estaban soltas ou con risco de desprendemento no muro. A fachada do edificio número 61 quedou saneada nunha intervención que durou 40 minutos.