A Deputación convoca a comisión de seguimento de Santa Clara para "convertir a Pontevedra en la ciudad de la cultura"
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente segundo da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez anunciou a convocatoria dunha Comisión de seguimento de Santa Clara para "convertir a Pontevedra en la ciudad de la cultura".
Rafa Domínguez compareceu este luns en rolda de prensa para informar desta decisión que adopta dentro do ámbito das súas competencias. Ademais da vicepresidencia é o deputado responsable de Economía, Impulso ao Emprego, Museo provincial e convento de Santa Clara.
O vicepresidente segundo expresou o seu desexo de "establecer líneas de acuerdo con el Concello de Pontevedra" e impulsar ese proxecto de rehabilitación, xa que "tenemos claro el camino a seguir que forma parte de una estrategia global fundamental que tiene por fin convertir Pontevedra en la ciudad de la cultura".
Domínguez enmarcou esta medida no "cambio de paradigma en la forma de hacer política en la Deputación con respecto a los últimos años".
Neste sentido, o vicepresidente provincial indicou que "queremos buscar la colaboración entre instituciones" e lembrou que "están implicadas en Santa Clara administraciones de distintos colores políticos, lo que puede generar discrepancias, pero les garantizo que por el bien de Pontevedra me comprometo a trabajar con sinceridad y lealtad institucional".
O Concello de Pontevedra está convocado a unha reunión desta Comisión de seguimento de Santa Clara o vindeiro luns, 4 de setembro, aínda que "estamos abiertos a buscar una fecha de consenso, cómoda para todos".
Nese encontro daranse cita, ademais do vicepresidente provincial, o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e secretarios e técnicos de ambas as administracións, co obxectivo de abordar os diferentes puntos de vista sobre Santa Clara e "encontrar puntos de acuerdo" que permitan seguir avanzando e impulsar o proxecto para o recinto.
Domínguez puntualizou que non habería problema se o alcalde decide delegar noutra persoa e dixo que "me gustaría" que a esa reunión asistise "mi predecesor en el cargo, el señor César Mosquera, que era el responsable de este área".
O vicepresidente recoñeceu que "asumo el reto con muchísima ilusión pero también con muchísima responsabilidad" debido a que, ao seu xuízo, "tanto el Museo de Pontevedra como Santa Clara se encuentran en una fase especialmente crítica para identificar su desarrollo".
Segundo o vicepresidente, é "fundamental" definir o futuro para as próximas décadas do Museo de Pontevedra, acometer as obras dos edificios históricos García Flórez e Monteagudo e o estudo das obras de Santa Clara, abrindo os seus xardíns á cidade.
Nestas tres semanas desde que asumiu as súas novas competencias Rafa Domínguez mantivo "innumerables" reunións e estivo analizando "ingente" documentación sobre a institución museística e os plans para o antigo cenobio das clarisas.
Por último, asegurou que "desde la Deputación vamos a apostar firmemente por la cultura y precisamos, para ello, que las distintas instituciones trabajemos conjuntamente en la misma dirección".
Relacionadas:
-
Primeiro encontro institucional "moi positivo" entre o alcalde de Pontevedra e o presidente da Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez sostén que o camarote de Méndez Núñez vai manterse nos edificios históricos do Museo
Por Anxo Lourido |
-
Acordo pechado co Arcebispado para a entrada directa aos xardíns de Santa Clara
Por Alejandro Espiño |
-
Haberá "cambios" no proxecto para Santa Clara, di Rafa Domínguez, que ve "muy escasos" os 21,5 millones previstos
Por Alejandro Espiño |
-
Lores observa unha "calma chicha" na Deputación e advirte que o convenio por Santa Clara está "perfectamente definido"
Por Alejandro Espiño |
-
Visita técnica do vicepresidente para estudar o futuro de Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
O futuro de Santa Clara, en fase de estudo pola nova Deputación, co horizonte de "tres ou catro semanas" para decidilo
Por Natalia Puga |
-
Lores solicita por carta entrevistarse cos presidentes da Xunta e a Deputación de Pontevedra
Por Diego Espiño |