Pontevedra pecha 2013 con 10.800 persoas en situación de desemprego
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra pechou o ano 2013 con 10.800 persoas en situación de desemprego, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Isto supón que o 27,5% da poboación do municipio están no paro.
Na provincia de Pontevedra son 5.600 ocupados menos. O paro correspóndese con 110.800 persoas na provincia, cunha taxa do 24,77%.
Pola súa banda, Galicia pechou o ano 2013 con 400 parados máis que ao termo de 2012 (+0,16%), o que sitúa o total de persoas desempregadas en 277.800 e a taxa de paro no 21,96%.
Desta forma, a taxa de desemprego da Comunidade galega é case sete décimas superior á dun ano atrás, cando se situaba no 21,28%; pero segue estando catro puntos por debaixo da do conxunto estatal (26,03%).
Relacionadas:
-
Moreira invita a Lores a que "tome exemplo de Núñez Feijóo" e traballe polo emprego
Por Redacción |
-
Pontevedra conta con 3.281 fogares con todos os seus membros no paro
Por Diego Espiño |
-
O PSOE pregunta polas medidas de Feijóo para "poñer fin ao desemprego de 4.403 mulleres en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Moreira: "xa non sei como pedirlle a Lores que faga algo para frear o paro"
Por Redacción |