"Vale más un por si acaso que un ¡Válgame Dios!"
Por Natalia Puga
O inspector da Policía Nacional, Manuel Vázquez Franco, estreouse este mércores como delegado de Participación Cidadá da Comisaría de Pontevedra con dúas charlas no colexio Álvarez Limeses sobre consellos de seguridade en Internet enmarcadas no Plan Director da Secretaría de Estado de Seguridade. Entre os obxectivos deste Plan está previr os principais riscos da Rede e as redes sociais entre os menores ou, como lle gusta dicir a este axente, "vale más un por si acaso que un ¡válgame Dios!".
Durante as charlas, a audiencia deste inspector foron alumnos de quinto e sexto de Primaria do Álvarez Limeses, isto é, de 10 e 11 anos, unhas idades ás que "absorven todo" e "se ven influidos" polos consellos que lles dan. Con actividades como esta, que repetirá noutros centros, pretende contribuír a "formar en valores y conocimientos", pois "a los niños hay que darles valores para una formación integral".
A actividade incluíu exposicións e exemplos sobre os riscos aos que se enfrontan os alumnos á hora de conectarse a Internet, pero tamén noutras circunstancias como as relacionadas coas drogas ou o acoso escolar. O inspector Vázquez valora que os escolares "dejan aparcado un momento el libro de texto y ven otras realidades como puede ser un cosnumo de alcohol o puede ser una banda". Aclarou, iso si, que "en Galicia bandas no tenemos, pero tenemos el típico niño malote de un colegio que va a otro colegio".
Segundo explicou, a actividade parte da premisa de que primeiro os nenos teñen que coñecer os perigos para saber a forma en que os poden erradicar, que é denunciándoo. "Hay que concienciar al niño que la información tiene que fluir, el niño como captor de información tiene que trasmitirla a otros estamentos, dígase sus padres, sus maestros, el Cuerpo Nacional de Policía, la Guardia Civil, la Policía Local... para que entre todos tratemos de remediar", transmitiulles.
A participación cidadá debe basearse, ao seu modo de ver, e como intentou trasmitir aos alumnos, en "hacer al ciudadano partícipe de los hechos para darle una solución casi casi antes de que salga", é dicir, "si vemos un mini problema en un barrio y se denuncia antes de que aflore, realmente a lo mejor con una prevención especial podemos erradicarlo".
Relacionadas:
-
Multitudinaria asistencia á charla da Policía sobre redes sociais
Por Redacción |
-
Activan un plan para ter un comercio seguro este Nadal
Por Redacción |
-
Xulgan un soldado da Brilat por colgar o teléfono da súa ex moza na web "Vecinitas Infraganti"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
"Os menores son os máis vulnerables aos riscos de Internet en parte porque os pais non controlan as novas tecnoloxías"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |