Corte parcial de tráfico en Alexandre Bóveda polas obras de reparación no Pazo da Cultura
Por Redacción
As obras de reparación dos danos que o temporal da pasada Noiteboa produciu no Pazo da Cultura obrigarán a realizar un corte parcial de tráfico durante este xoves na rúa Alexandre Bóveda.
Tras realizar tarefas de saneamento e acondicionamento da zona, con retirada de materiais danados incluídos, inícianse agora os traballos de grande envergadura, para o que se necesita a instalación dunha grúa que provocará o corte de circulación.
Este guindastre empregarase durante a xornada para subir materiais á parte superior do edificio, colocar pezas de lousa rotas na fachada e para a revisión da zona afectada.
A reparación total do Pazo da Cultura, despois destes traballos previos, estenderase durante varias semanas.
Relacionadas:
-
O PP reclama unha "actuación inmediata" en Monte Porreiro ou Montecelo polos danos do temporal
Por Redacción |
-
O temporal de Noiteboa provocou danos no Pazo da Cultura por 210.000 euros
Por Natalia Puga |
-
Suspenden as actividades no Pazo da Cultura mentres se recupera dos danos do temporal Dirk
Por Redacción |