Rueda visita Tambo e ofrece ao Concello a colaboración da Xunta para a súa posta en valor
Por Redacción
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este sábado a Illa de Tambo, en Poio, e valorou a importancia de que agora sexa posible visitar este espazo, que durante moitos anos permaneceu pechado ao turismo polo seu uso militar.
Na súa visita, Rueda estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, e avanzou a dispoñibilidade da Xunta para colaborar co Concello na posta en valor da illa.
Na súa visita, precisou que a Administración autonómica xa acordou colaborar na adecuación do castro e tendeu a man para catalogar os bens patrimoniais que contén a illa.
Ademais, avanzou que tramitará con dilixencia a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) cando sexa presentada polo Concello.
Alfonso Rueda tamén quixo destacar o valor patrimonial e natural deste espazo, que definiu como "unha das moitas marabillas que temos en Galicia e polo tanto temos a obriga de conservala".
Na súa intervención, tamén destacou a súa aposta pola súa dinamización como destino turístico e cultural, sempre desde a perspectiva da sostibilidade. E lembrou que o Goberno galego segue apoiando todas aquelas iniciativas que axudan a consolidar á comunidade como un destino sostible e de primeiro nivel, e que en conxunto "están facendo que teñamos un ano turístico fantástico", destacou.
De feito, avanzou datos do primeiro semestre que revelan que se acadaron os 2,7 millóns de visitantes (un 11,8% máis de viaxeiros que no mesmo período do ano pasado) e os 4,7 millóns de noites (un 10,6% máis que no primeiro semestre de 2022, que foi ano Xacobeo e no que se bateron todos os récords).
Relacionadas:
-
A APDR considera que algunhas propostas do plan de usos de Tambo contradin a protección ambiental da illa
Por Oskar Viéitez |
-
O plan de usos de Tambo contempla un anfiteatro e a recuperación dos edificios para celebrar congresos
Por Oskar Viéitez |
-
'A Illa de Tambo na súa historia', un libro para facernos partícipes da súa cultura, lendas e tradicións
Por Redacción |
-
Catro mil persoas visitaron Tambo este verán de xuño a setembro
Por Redacción |
-
Poio pecha agosto cunha ocupación do 83% e promete propostas "innovadoras" para o inverno
Por Redacción |
-
A ocupación hoteleira en Poio na primeira metade de agosto, por riba do 85%
Por Redacción |
-
Rolda nocturna de vixilancia na Illa de Tambo para evitar accións vandálicas
Por Anxo Lourido |
-
Organizan unha viaxe sensorial e nocturna á Illa de Tambo
Por Anxo Lourido |
-
Portos de Galicia non permite aos veciños embarcar en Campelo para visitar Tambo
Por Oskar Viéitez |
-
Elaboran un proxecto educativo para a Illa de Tambo inspirado no tesouro do pirata Benito Soto
Por Oskar Viéitez |
-
As visitas á illa de Tambo, tamén para escolares
Por Redacción |