Cinco accidentes sementan en dúas horas as estradas da comarca
Por Redacción
Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra e Portas. As estradas destes cinco municipios víronse sementadas durante a tarde con accidentes con tan só dúas horas de diferenza entre o primeiro e o último.
Os sinietros foron de escaso alcance e tan só o de Poio deixou unha persoa ferida, pero si resultaron aparatosos e con cuantiosos danos materiais.
O máis aparatoso dos sinistros produciuse en Caldas de Reis ás 16.16 horas. Segundo testemuñas presenciais, o sinistro consistiu na colisión entre varios turismos. Produciuse a escasos metros da fábrica de Clesa.
Pouco despois das cinco da tarde, o sinistro caeu nunha estrada de Pontevedra. En concreto, na estrada que une O Marco con Bértola á altura de Tomeza. Aínda que nun primeiro momento se pensou que habería feridos, finalmente consistiu nunha colisión entre dous turismos, sen vítimas e sen obstaculizar a circulación.
No caso de Poio, o incidente produciuse ás 17.42 horas á altura do hotel Galicia. Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112, consistiu na colisión entre dous turismos e o condutor dun deles sufriu feridas nunha man.