Solicitan sombras na zona de xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco
Por Redacción
O BNG de Marín fai súas as queixas recibidas durante os últimos días por parte dun grupo de persoas en relación coa falta de sombra na zona dos xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco e pide ao Concello que busque unha solución.
"Estamos en pleno verán, e as persoas que acoden a esta zona cos seus fillos e fillas a refrescarse e a desfrutar do bo tempo non dispoñen dun só lugar onde poder refuxiarse do sol", explica a concelleira Celia García.
A nacionalista xa levou esa petición ao Pleno da Corporación municipal do pasado xoves 13 de xullo, pedindo a instalación dalgún sistema que proporcione sombra ás familias.
Celia García afirma que "o ideal" sería lograr esa sombra mediante árbores e vexetación que fixeran o entorno máis amable e natural, pero sinala que tamén se podería estudar a posibilidade de instalar toldos que proporcionen sombra e alivio ante a intensa calor.
A concelleira tamén lembra que "esta circunstancia é un detalle evidente que xa debera estar previsto no proxecto de instalación da zona de xogos acuáticos".
Relacionadas:
-
A placa da escultura Capela Solis, obra de Silverio Rivas, será corrixida
Por Redacción |
-
O BNG pide ao Concello de Marín que "recapacite" e cambie de localización a piscina proxectada no Paseo Alcalde Blanco
Por Redacción |
-
Marín celebra a inauguración do renovado Paseo Antonio Blanco co seu gran miradoiro e os xogos acuáticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Paseo Alcalde Blanco inaugurarase este xoves coa posta en marcha dos xogos de auga
Por Redacción |
-
A crise de materias primas atrasa o remate das obras do Paseo Alcalde Blanco de Marín
Por Redacción |
-
Así será o futuro Paseo Alcalde Blanco cun maior espazo para zonas verdes
Por Oskar Viéitez |