Agustín Reguera garante o apoio da Xunta a AJE e a colectivos de persoas xordas
Por Redacción
Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, mantivo na mañá deste xoves unha reunión con representantes da Asociación de Novos Empresarios (AJE) de Pontevedra, e tamén cos presidentes das asociacións de Persoas Xordas de Galicia e de Pontevedra.
María Buceta, presidenta de AJE, acompañada polo vicepresidente Iago González informou o delegado das diferentes actividades e preocupacións deste colectivo empresarial. Para Reguera é de "gran importancia" contar con mozos valentes que se esforzan por innovar e crear emprego. Neste sentido, destacou o traballo de AJE como respaldo e apoio dos emprendedores.
O representante da administración autonómica tamén mantiña un encontro con Iker Sertucha e Cristina Páramos, presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e da Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra, respectivamente.
Coa axuda dunha intérprete de linguaxe de signos, os representantes destes colectivos trasladaron as múltiples actividades que desenvolven a diario e que pasan desapercibidas para gran parte da poboación.
Reguera comprometeuse a seguir con atención o traballo que desenvolven e púxose ao dispor destas entidades para estudar "novas vías de colaboración" de fronte ao futuro.
Relacionadas:
-
Nodosa recibirá o Premio Honorífico da XXVI edición do Premio Xove Empresario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Agustín Reguera anima as asociacións a solicitar a cesión de locais no edificio de Benito Corbal
Por Redacción |
-
Xornada adicada ás persoas emprendedoras en Marín e Barro
Por Oskar Viéitez |
-
"Dende agora aquí me tedes, o mesmo Agustín de sempre a vosa absoluta disposición"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |