Arde o motor dun turismo na rúa Alcalde García Figueroa causando unha grande fumareda
Por Anxo Lourido
Ao redor do mediodía deste sábado 15 de xullo, o motor dun turismo comezaba a arder cando o vehículo circulaba pola rúa Alcalde García Figueroa, xusto antes de alcanzar a rotonda con de Pintor Laxeiro e Rúa Lagares.
Foi necesaria a intervención da Policía Local de Pontevedra para cortar o tráfico e ata o lugar desprazábanse os bombeiros do Parque municipal para apagar as lapas. Tamén se achegaron efectivos da Policía Nacional.
O lume provocou unha gran fumareda en toda esta zona da Parda. Non se rexistraron danos persoais.
Desde o colectivo dos bombeiros de Pontevedra indican que este sábado só hai tres bombeiros para atender emerxencias en todo o municipio, por baixo dos servizos mínimos fixados polo propio Concello. Os bombeiros sinalan que esta mesma situación se repetiu ata dúas veces máis durante esta semana.
A demanda de efectivos remóntase a meses atrás e os representantes sindicais denunciaron en diversas ocasións a situación de inseguridade que supón a falta de persoal para atender con garantías as posibles emerxencias que se poidan desenvolver ao longo dunha xornada.
O vídeo do incendio do turismo pertence a Marcos Garrido Ogando:
Relacionadas:
-
Unha muller é trasladada a Montecelo con queimaduras ao incendiarse a campá extractora da vivenda en Javier Puig
Por Redacción |
-
Protesta no Parque Municipal de Bombeiros: "Aquí todo o mundo sofre presións"
Por Álvaro Arosa Barco |
-
O PP traslada aos funcionarios municipais a súa preocupación pola "carga de traballo" de bombeiros e policías
Por Redacción |
-
Sindicatos municipais urxen unha solución ao Concello para resolver o conflito laboral con Policía Local e Bombeiros
Por Redacción |
-
CCOO, UGT e CIG únense na denuncia de falta de persoal para cubrir os servizos mínimos do Parque de Bombeiros
Por Redacción |