Dúas mulleres e unha menor, trasladadas ao caer por un barranco na N-541 en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Dúas mulleres e unha menor resultaban feridas durante a tarde deste venres despois do que o turismo no que viaxaban saísese da vía no quilómetro 67 da N-541, a escasos cen metros de onde se rexistrou o fatal accidente do autobús no que faleceron sete persoas durante o pasado nadal.
O 112 Galicia indica que as tres ocupantes do vehículo lograron saír polo seu propio pé do interior e despois subir por un camiño situado preto do barranco por onde caeu o turismo, na parroquia de Pedre. A continuación, foron trasladadas polos servizos sanitarios ao Hospital Montecelo para unha exploración médica.
Producíase ás 19.30 horas e un particular alertaba do sinistro ao 112 indicando que o coche permanecía envorcado cara a un lado.
O 112 Galicia informaba a Urxencias Sanitarias de Galicia-061; aos Bombeiros do Deza, ao Servizo de Emerxencias da Estrada, que se encargaron de desconectar a batería do vehículo, á Garda Civil de Tráfico e á agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade. Ademais tamén se solicitou a asistencia do servizo de mantemento da vía de circulación.
Relacionadas:
-
"Non queremos que a N-541 sexa un cemiterio"
Por Oskar Viéitez |
-
Nova petición de mellora urxente da N-541 despois dunha saída de vía dun motorista en Cernados
Por Anxo Lourido |
-
O Ministerio de Transportes acorda obras de máis dun millón de euros na N-541 onde caeu o autobús ao Lérez
Por Redacción |
-
Gómez Besteiro confirma a reforma da N-541 onde faleceron seis persoas no accidente de autobús
Por Redacción |
-
O Goberno central anuncia obras de mellora da N-541 que incluirán o lugar onde caeu o autobús ao Lérez
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a auga que verte na N-541 a estrada entre Pedre e Serrapio
Por Redacción |