Recuperan no Umia o cadáver do home desaparecido do asilo de Caldas
Por Oskar Viéitez
Membros de Protección Civil de Valga localizaron sobre as 11:30 horas deste sábado o cadáver de Manuel Pampín Abad, o residente do asilo de Caldas, de 77 anos de idade, que se dera por desaparecido.
O corpo sen vida foi localizado no río Umia, no lugar das aceñas, en Vilanoviña, concello de Meis.
O dispositivo de busca arrancou o xoves pola tarde cando un particular alertou o 112 de que vira un corpo flotando no río, á altura de Caldas.
Neste despliegue participaron ata 13 agrupacións de Protección Civil chegadas de puntos tan dispares como Porto do Son e un total de 45 voluntarios.