Este sábado 1 de xullo reabre a piscina municipal de Barro con servizo de bar

Por Redacción
A partir deste sábado 1 de xullo, as instalacións da piscina municipal de Barro abrirán as súas portas.
O Concello de Barro sinala que os bonos desconto só pódense retirar previamente nas dependencias municipais e lembra que os bonos e tickets de anos anteriores carecen de validez durante o presente verán.
O horario de apertura establecido será de 15.00 a 21.00 horas, de martes a domingo. Os luns permanecerá pechado para descanso do persoal e para que o servizo de mantemento realice os seus labores.
As instalacións manterán o servizo de bar, que foi adxudicado a través do procedemento de servizo público a Moisés Gamallo.
A piscina, durante as mañás, do mesmo xeito que en 2022, permanecerá aberta só para escolares que participan no Espazo Concilia, dentro das actividades complementarias deste programa.