O goberno local rexeita que o PP cobre os atrasos das dedicacións exclusivas previos á sentenza
Por Redacción
Os concelleiros do Partido Popular non recibirán as asignacións económicas atrasadas antes da publicación da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que anulaba a decisión do goberno local de retirar dúas das dedicacións exclusivas das que gozaba o PP.
O concelleiro de persoal, Vicente García Legísima, sinalou que para a asesoría xurídica do concello a sentenza non ten carácter retroactivo antes da data de publicación do fallo o pasado 18 de decembro e os concelleiros do PP non cobrarán os atrasos "a non ser que un Tribunal cambie o criterio que vai seguir esta concellería". E indicou que "se o PP ten tres dedicacións exclusivas é porque hai un pacto anterior e o que non se pode é escoller o que te favorece e o resto non respetalo. ÿ unha cuestión de coherenciaa".
Segundo expuxo o concelleiro, a mellor solución pasaría por chegar a un novo acordo entre os tres grupos municipais "xa fora por unanimidade ou por maioría". E lamentou que o Partido Popular non cumprise o pacto ao que se chegara entre os tres grupos, cando Telmo Martín era líder dos populares, o 23 de xuño de 2011. Indicou que esta situación "é un lío desagradable para a cidadanía e para os que formamos parte desta corporación".
"Os pactos son para respetalos, sobre todo na vida política porque debemos dar exemplo", apuntou García Legísima que atacou o voceiro popular Jacobo Moreira por non ser coherente ao ter pedido que se incrementen as dedicacións exclusivas dos populares xa que nas emendas aos presupostos municipais non incluíra unha nova emenda solicitando máis dedicacións para o PP senón que se reducisen, en xeral, as da corporación.
García Legísima indicou que aínda hai tempo para resolver esta cuestión antes do mes de marzo, cando finaliza o prazo para executar a sentenza.
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira, María José Rodríguez, Ricardo Aguilar e César Abal repartiranse os soldos do PP
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O TSXG devolve ao PP de Pontevedra as súas dedicacións exclusivas
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada