O PP denuncia que PSOE e BNG están apurando a sinatura de convenios entre concellos afíns

Por Oskar Viéitez
O Partido Popular volve a pedir ao Goberno en funcións da Deputación de Pontevedra que paralice toda toma de decisións que podan comprometer de xeito directo as prioridades do novo Goberno provincial, así como o orzamento da institución para o segundo semestre do ano.
Nesta liña, o voceiro do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, denuncia que "PSOE e BNG están apurando nestas semanas, ata que se produza o cambio de goberno, a sinatura de convenios e o reparto de fondos entre concellos afíns, cando as súas funcións deben limitarse exclusivamente á administración ordinaria".
Por iso, esixe "que cesen o reparto arbitrario destes fondos, que están comprometendo o futuro da institución".
Esta petición xa a formularon os populares hai vinte días, "pero, desde entón, o Bipartito está acelerando a resolución de convenios para deixar coas mans atadas ao futuro Goberno".
Cubela sinala que esta é "unha decisión nada ética e imprudente" e que, a xuízo de Cubela, "pecha o círculo do Bipartito nestes oito anos". Segundo afirma "chegaron paralizando proxectos que estaban en marcha en concellos gobernados polo Partido Popular, e deixan a institución repartindo fondos arbitrariamente entre concellos afíns ao Bipartito".
Relacionadas:
-
Mosquera seguirá como deputado provincial polo BNG
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG-PSOE conforma o seu grupo provincial na Deputación designando os seus 9 deputados
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera "tranquiliza" ao PP asegurando "non lle van quedar as mans atadas de nada" na Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide a "inmediata cancelación" da reunión do xurado que vai valorar os anteproxectos de Santa Clara
Por Oskar Viéitez |