Trasladan en helicóptero unha muller que sufriu un paro cardíaco cando se bañaba na praia de Baltar
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Unha muller que se atopaba nadando na praia de Baltar entrou en parada cardiorrespiratoria.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, foi un particular que ía paseando pola zona quen viu á muller flotando boca abaixo, sacouna da auga e alertou ao 061.
Ata o areal desprazáronse médicos do centro de saúde de Baltar, a ambulancia do 061, Policía Local, Garda Civil e Emerxencias.
Conseguiron reanimala, pero foi evacuada en helicóptero en estado consciente ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
O suceso tivo lugar sobre as 10.40 horas deste venres.