Protesta de togas contra a Lei de Taxas Xudiciais
Por Natalia Puga
Ataviados coas súas togas sempre que sexa posible. Así están chamados todos os avogados de Pontevedra a protestar este venres 9 de novembro diante da Audiencia Provincial. O motivo da súa mobilización? A tramitación do proxecto de Lei de Taxas Xudiciais.
Os avogados concentraranse a partir das 12.00 horas e permanecerán durante media hora ante a principal sede xudicial de Pontevedra. Ademais, os letrados que traballen noutras localidades repetirán a escena en todas as sedes dos partidos xudiciais nos que ten competencia o Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra.
A protesta acordouna a Xunta de Goberno do Colexio e supón unirse á convocatoria realizada polo Consello Galego dá Avogacía realizada a nivel de toda a comunidade. No caso de Pontevedra, foi comunicada aos xuíces decanos dos partidos xudiciais; ao presidente da Audiencia Provincial, Francisco Javier Menéndez Estébanez; e ao Colexio de Procuradores.
Con esta protesta queren sacar á luz a "inconstitucionalidad de este proyecto de ley", que "solo beneficia a los más poderosos, es decir, que se trata de un ataque frontal al Estado de Derecho".
Os letrados denuncian que de aprobarse a nova lei "prácticamente desaparece para la gran masa de clase media el derecho a conseguir el amparo de los tribunales en los órdenes civil, contencioso-administrativo y social, cuando el derecho a la tutela judicial efectiva es un derecho constitucional de primera fila".
Chaman a atención sobre o prexuízo da citada lei para os cidadáns, pois "se pretende implantar unas tasas judiciales por casi todas las actuaciones judiciales de cuantías descabelladas y disuasorias".