A visita de Ana Pastor a Pontevedra aprázase por un trámite do Consello de Ministros
Por Redacción
A visita oficial de Ana Pastor a Pontevedra aprázase. Prevista inicialmente para este venres 9 de novembro, os trámites administrativos que require a firma da addenda ao convenio entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Pontevedra, provocaron que teña que atrasarse esta comparecencia.
Segundo informa o Concello de Pontevedra, a ministra de Fomento virá finalmente a Pontevedra "o 23 ou o 24 de novembro", despois de que a modificación do convenio, polo que se financiará, entre outras actuacións, o futuro desdobramento da Avenida de Vigo, pase polo Consello de Ministros, un trámite obligatorio neste tipo de convenios.
Sexa como sexa, o goberno municipal insiste en que esta modificación non supón un cambio no orzamento que se investirá nesta infraestructura. En total, o Ministerio de Fomento aportará sete millóns de euros para a construción deste novo vial, un proxecto que levaba anos entre os plans municipais. Será o Concello o que adxudique e execute a obra.