Fuensanta Nieto e Enrique Sobejano, gañadores do anteproxecto para musealizar Santa Clara: "No podemos estar más contentos"
Por Oskar Viéitez
O estudo fundado en 1985 por Enrique Sobejano e Fuensanta Nieto, e con oficinas en Madrid e en Berlín, foi o gañador do concurso de anteproxectos para a rehabilitación arquitectónica e ampliación do convento de Santa Clara.
A noticia do fallo do xurado deste concurso recibírona este venres cando estaban a participar na Bienal de Venecia de Arquitectura. "No podemos estar más contentos", comentaron, porque a rehabilitación de Santa Clara "merece la atención de todo el mundo".
"Es un proyecto que desde el primer momento nos ha parecido precioso, impresionante", engadiu Fuensanta Nieto.
Segundo explicaron, no seu anteproxecto "al transformar un edificio con la carga histórica que tiene Santa Clara, la intención es establecer un diálogo o conversación entre lo que es contemporáneo y la memoria del pasado" entre a parte nova e a histórica do convento das clarisas, seguindo un dos sinais de identidade que o seu estudo plasmou en numerosos traballos.
Aínda que no caso de Santa Clara hai unha "variante distintiva", e é que"lo que más nos llamó la atención fue el muro perimetral de granito, por lo restrictivo que era para la ciudad; era un mundo aparte. Abrir puede parecer sencillo, pero esto es mucho más, es abrir simbólicamente, es atraer" á cidadanía ao interior do antigo recinto de clausura.
Na súa concepción deste traballo, Nieto e Sobejano entenden que "la arquitectura no crea espacio público, lo crea la gente cuando lo usa; y lo que nosotros tenemos que hacer es poner las condiciones para que lo use".
A súa proposta para Santa Clara constitúe unha "intervención mínima", coa que pretenden que o conxunto do convento véxase desde fóra, cun centro de recepción de visitantes "con un baldaquino situado en lo alto de la finca y con un mirador al claustro", que está concibido para ordenar usos e circulación polo complexo museístico.
Para crear o centro arqueolóxico incorporan este volume "grande desde el punto de vista cuantitativo pero respetando absolutamente el edificio histórico", polo que expón un espazo semisubterráneo.
"La intervención tiene que contemplar y realzar, abrir el museo y buscar el equilibrio", subliñaron.
Ambos os arquitectos coincidiron en que o deseño deste anteproxecto foi "muy difícil" e que terá unha evolución, xa que haberá que contar con Patrimonio e a Dirección do Museo para axustar o deseño final.
Relacionadas:
-
Esnaquizaba o anterior proxecto os xardíns de Santa Clara? "Lo que te garantizo es que no se destrozan ahora", asegura Fuensanta Nieto
Por Oskar Viéitez |
-
Luis López confía na negociación aberta con Nieto Sobejano para adaptar o seu proxecto para Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
Haberá "cambios" no proxecto para Santa Clara, di Rafa Domínguez, que ve "muy escasos" os 21,5 millones previstos
Por Alejandro Espiño |
-
Visita técnica do vicepresidente para estudar o futuro de Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo acolle unha exposición cos proxectos finalistas para a rehabilitación de Santa Clara
Por Redacción |
-
O estudo Nieto Sobejano Arquitectos gaña o concurso para a rehabilitación do antigo convento de Santa Clara
Por Oskar Viéitez |