Ter vacacións contratadas antes do 29 de maio servirá para librarse da mesa electoral
Por Redacción
Unha das cuestións que máis preocupaba á cidadanía tras a convocatoria electoral do 23 de xullo, quedou resolta. Se contrataches as túas vacacións antes do 29 de maio, data na que se convocaron os comicios, poderás evitar estar na mesa electoral.
Así o acordou a Xunta Electoral Central que resolveu que esta cuestión estará entre as escusas admitidas para esquivar este compromiso se, por sorteo, tes que formar parte dunha mesa electoral nas eleccións xerais de xullo.
Iso si, hai límites. Para evitar un nomeamento como integrante da mesa electoral, o interesado debeu comprar billetes de avión ou tren para unha viaxe ou contratar unha estancia en hotel ou apartamento que non poida ser cancelada de maneira gratuíta.
É dicir, aceptaranse as vacacións como argumento válido para ser excluído dunha mesa que a súa cancelación supoña un prexuízo económico ou trastorno grave para o solicitante.
Eludir esta responsabilidade sen motivo xustificado e aceptado pola Xunta Electoral pode carrexar multas de ata 5.000 euros e penas de prisión de entre tres meses e un ano.
Relacionadas:
-
Por aclamación o comité provincial ratifica as listas do PSdeG por Pontevedra, que encabezan Regades e Carmela Silva
Por Oskar Viéitez |
-
As eleccións do 23 de xullo disparan o interese polo voto por correo en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pedro Sánchez adianta as eleccións xerais en España ao 23 de xullo
Por Oskar Viéitez |