Un veciño de Bueu detido e outro investigado por tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil detivo un veciño de Bueu, de 48 anos de idade, por tráfico de drogas mentres que un segundo individuo desta localidade está como investigado por este mesmo delito.
A detención tivo lugar o pasado venres, segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado.
Unha patrulla observou como un ciclomotor circulaba de forma imprudente polo centro da localidade de Bueu adiantando a outros vehículos da vía sen respectar os sinais de circulación. Ao proceder á súa identificación, obsérvase que trata de esconder un paquete de mediano tamaño nun oco do ciclomotor, e, cando se lle requisa, contén substancias estupefacientes.
Foron aprehendidas un total de 150 dose de cocaína e 30 de heroína, dispostas para a súa distribución, así como unha importante cantidade de diñeiro.
O detido, xunto coas dilixencias instruídas, foi posto ao dispor do Xulgado de Garda de Marín.
Por outra banda, sobre as 21:30 horas do pasado 30 de maio, durante o seu servizo de seguridade cidadá, unha patrulla da Garda Civil, observou a un individuo que ao ver aos axentes, escondeuse detrás dun vehículo tirando algún tipo de obxecto.
Os axentes procederon á identificación do home, resultando ser veciño de Bueu, de 43 e sen antecedentes reseñables. Ao comprobar o que lanzara debaixo dun vehículo, os axentes atopan unha bolsa de cor verde que contén 10 landras de haxix cun peso de 110 gramos.
Posto que a cantidade da substancia excede as cantidades establecidas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía de provisión media para un consumidor, os axentes entiendieron que existen indicios razoables de que esa substancia está destinada ao tráfico de drogas e non só ao seu mero consumo, polo que se instruíron dilixencias a esta persoa como investigado por un suposto delito de tráfico de drogas.
Relacionadas:
-
Ano e medio de prisión e multa de 600 euros por vender cocaína e marihuana en Bueu
Por Natalia Puga |
-
Condenado a cinco anos de prisión un veciño de Bueu que tiña na casa droga valorada en 200.000 euros
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Desmantelan unha plantación con 41 plantas de marihuana en Bueu
Por Redacción |