Denunciado un condutor temerario que puxo en perigo outros vehículos e negouse a facer as probas de alcol e drogas
Por Redacción
A Garda Civil denunciou a semana pasada un veciño de Cambados de 40 anos por varios delitos contra a seguridade viaria tras ser detectado conducindo de forma temeraria e con síntomas de alcoholemia e negarse a realizar os test de alcol e drogas.
Os feitos ocorreron o pasado 2 de xuño na estrada EP-9305, ao seu paso por Ribadumia. Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra observou a un turismo conducindo de forma temeraria, efectuando varios adiantamentos a outros vehículos, invadindo o carril contrario e obrigando a outros vehículos a realizar manobras evasivas para non chocar.
Os axentes lograron interceptar o vehículo e identificar o condutor e observaron que presentaba "síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas e/o drogas", polo que lle pediron que realizase as probas preceptivas.
O condutor negouse en reiteradas ocasións e o vehículo inmobilizado ata que se fixo cargo del outra persoa.
O equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra instrúe dilixencias polos delitos de: condución temeraria, negativa a realizar as probas de alcol e de drogas, así como conducir baixo a influencia de alcol e ou drogas por sintomatoloxía evidente.
O caso está en mans do Xulgado de Garda dos de Cambados.
Relacionadas:
-
A DGT pon en marcha ata o domingo 20 unha campaña especial de control de alcol e drogas
Por Natalia Puga |
-
Condenado un home que pretendía conducir borracho e golpeou e insultou os policías que trataban de impedirllo
Por Natalia Puga |
-
Cans no medio da calzada provocan o impacto entre dous coches en Cambados
Por Anxo Lourido |
-
Un ferrolán, detectado na AP-9 en Vilaboa con 14 quilos de haxix e 400 gramos de cocaína
Por Redacción |