Mogor contará cun aquapark flotante de máis de 800 metros cadrados de superficie
Por Oskar Viéitez
A praia de Mogor contará este verán cun novo atractivo turístico que fará as delicias dos pequenos e maiores: un aquapark hinchable de máis de 800 metros cadrados.
Tal e como informou o Concello de Marín este martes, esta estrutura a base de plataformas unidas entre sí se colocará por dentro do recinto balizado da auga desde primeiros de xullo e ata mediados de setembro.
A estrutura está formada por distintas plataformas hinchables unidas entre sí, algunhas lisas, outras con obstáculos, con camas elásticas… polas que se poderá facer un percorrido libre.
O acceso será dunha hora para estar dentro do recinto e estará aberto todos os días da semana, de 11.30 a 20.30 horas.
Para chegar ata o aquapark haberá tanto a opción de ir a nado como nunhas tablas de paddle surf.
As entradas poderán collerse na caseta de información que se colocará na praia de Mogor e, máis adiante, a través dunha web. Tanto se poderá coller entrada para o mesmo día como reservar.
O prezo será de 12 euros por persoa ou de 10 euros para grupos de 20 ou máis persoas.
A idade mínima para acceder ao aquapark serán 6 anos e os rapaces ata os 12 anos terán que ir acompañados obligatoriamente dun adulto.
Tamén será obligatorio acceder con chaleco salvavidas, que se aportará antes da entrada ao recinto.