As bonificacións na volta entre Pontevedra e Vigo pola AP-9 superaron os 1,4 millóns de viaxes
Por Redacción
Dende que a mediados de febreiro de 2013 se puxo en marcha a bonificación ás viaxes de volta pola autoestrada AP-9, no tramo entre Vigo e Pontevedra, un total de 1.412.294 percorridos saíron gratis para eses condutores.
Isto supuxo 3.196.343 euros de custo para a administración pública, segundo confirmou este luns a ministra de Fomento, Ana Pastor.
Nunha comparecencia celebrada este luns en Vigo a ministra sinalou que por primeira vez "en la historia", "miles de personas" puideron beneficiarse por esta medida.
Segundo recordou Ana Pastor, ese tramo de autoestrada era "históricamente el más caro de toda España", e "se ha ido acompasando" ata situalo actualmente "en el entorno de la media".
"Hubo un trato discriminatorio con los ciudadanos de Vigo y de Pontevedra", concluíu.
Con respecto ás obras de ampliación da autoestrada á altura da ponte de Rande, a ministra evitou concretar datas, e limitouse a apuntar que se darán a coñecer "cuando haya un calendario".
Relacionadas:
-
Ana Pastor destaca que Pontevedra será "más competitiva" coa ampliación da ponte de Rande
Por Redacción |
-
Colapso matinal na AP9 ao coincidir cinco accidentes de tráfico en apenas media hora
Por Redacción |
-
A peaxe Pontevedra-Vigo será de balde no tramo de regreso dende medianoite
Por Natalia Puga |
-
O BNG ve unha "tomadura de pelo" rebaixar a AP-9 Pontevedra-Vigo só a usuarios con telepeaxe
Por Natalia Puga |
-
"Rebaixamos a peaxe entre Pontevedra e Vigo porque é ata un 60% máis caro que o resto da AP-9"
Por Alejandro Espiño |