Rematado o illamento acústico na zona de decantación da depuradora dos Praceres

Por Redacción
Augas de Galicia vén de rematar as actuacións de illamento acústico dos equipos na zona de decantación da estación depuradora de augas residuais dos Praceres para minimizar as afeccións na contorna.
Os traballos, cun investimento autonómico de 35.968 euros, consistiron na implantación de medidas secundarias para, de xeito preventivo, evitar novos focos de ruído na contorna das instalacións hidráulicas.
De xeito máis concreto, as obras teñen como obxectivo reducir de xeito específico os posibles focos de ruído situados na etapa de decantación, na zona de recirculación e dosificación de area dos decantadores e nos tanques "actiflo".
Para isto, instalouse unha pantalla acústica metálica de 80 milímetros de espesor, formada por paneis de 1.000 milímetros de altura, instalada sobre estrutura metálica. As dimensións totais acadan os 6x3 metros.
Ademais dispúxose unha cabina de insonorización para elemento en intemperie, de dimensións 1,5 x 1,5 x 1,5 metros, con apertura na dirección oposta á das vivendas máis próximas.
Relacionadas:
-
Novas actuacións para evitar focos de ruído na depuradora dos Praceres
Por Redacción |
-
A Xunta evita unha multa millonaria da Unión Europea pola depuración na Ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ethel Vázquez, sobre o antigo emisario da depuradora: "Non vemos impedimento para que o poida utilizar ENCE"
Por Anxo Lourido |