Lores defendera ao peón na Xornada europea de Mobilidade en Bastia
Por Redacción
A relación entre os peóns e os condutores en Pontevedra centrará a intervención do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, este mércores 15 de xaneiro na cidade francesa de Bastia situada na illa de Córsega durante a Xornada europea da Mobilidade na que se debaterán os diferentes aspectos relacionados coa circulación e os peóns.
O discurso de Lores, cunha duración de 12 minutos, centrarase nunha exposición do modelo de cidade no que o peón se converte no elemento de referencia fronte aos vehículos. Ademais, proxectarase un vídeo de 7 minutos con imaxes de Pontevedra. Así o explicou este mediodía o alcalde, que acudirá a esta cita acompañado polo enxeñeiro xefe municipal.
Nesta Xornada participan tamén os directores asociados de Intermodes e a representante de EcoQuartier Vauban de Friburgo, en Alemaña, entre os que se establecerá un debate coa intervención de Fernández Lores. Durante este evento vai presentarse o proxecto 'Inseme per Bastia' cuxo obxectivo é lograr que Bastia sexa a primeira vila intermodal de Córsega.
Vídeo que se vai proxectar na Xornada: