28M | A participación matinal en Pontevedra, máis elevada que hai catro anos
Os pontevedreses madrugaron un pouco máis que hai catro anos para votar nestas eleccións municipais do 28M. A participación nestas primeiras horas da xornada electoral aumentou lixeiramente con respecto aos comicios de 2019.
Así, ás dúas da tarde, hora na que o Ministerio do Interior publicou os datos correspondentes ao primeiro avance de participación, en Pontevedra votara un 34,34% dos cidadáns chamados ás urnas, un total de 22.881 persoas.
Isto supón un incremento do 1,26% sobre a participación que rexistrou a esta mesma hora nas eleccións municipais de hai catro anos.
No conxunto de Galicia, pola súa banda, tamén se aprecia un lixeiro incremento na participación con respecto ás municipais de 2019, moito máis acusado na provincia de Lugo.
Se daquela ás dúas da tarde votara o 34,20% do censo, nesta ocasión son xa un 35,57% dos electores galegos os que depositaron a súa papeleta nas urnas. É dicir, un 1,38% máis que hai catro anos.
É, con todo, a provincia de Pontevedra a que experimenta un crecemento menor en toda a rexión galega con 35,29% de participación neste primeiro avance, só un 0,65% máis que en 2019, segundo recollen os datos facilitados polo Ministerio do Interior.
Relacionadas:
-
28M | Pontevedra anímase a votar e a participación sobe cerca de 4 puntos
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
28M | Toda a comarca tamén vota nestas municipais para elixir os seus alcaldes
Por Redacción |
-
28M | Accidentada estrea do colexio electoral do edificio da Xunta en Benito Corbal
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
28M | Todas as mesas electorais de Pontevedra constituíronse sen incidencias
Por Redacción |
-
28M | Só pode quedar un (ou unha): Pontevedra busca quen a goberne
Por Alejandro Espiño |
-
28M | Case 67.000 pontevedreses están chamados este domingo ás urnas
Por Alejandro Espiño |