28M | Crear un centro para deporte base e alto rendemento no Castrove, proposta do PP de Poio
Por Redacción
O Partido Popular de Poio propón a creación dun centro para deporte base e alto rendemento no Castrove. Dentro da proposta inclúen rutas, sendas, paseos e un circuíto BTT.
O espazo proposto está destinado a toda a familia, onde "poidan practicar distintas modalidades deportivas en contacto coa natureza e nun entorno inmellorable".
A intención de Ángel Moldes, candidato popular, é crear contornas saudables "nas que toda a familia poida practicar deporte e xerar hábitos de vida saudables, con diferentes zonas segundo a capacidade de cada deportista".
Con esta instalación, asegura, "tamén gañarán autonomía os clubes para poder organizar eventos, campionatos, etc., que contribúan a dinamizar o concello e incluso a desestacionalizar a ocupación hoteleira".
Moldes asegura que se o domingo recibe o apoio dos veciños ao seu proxecto, iniciará un proceso de participación con clubes e deportistas para crear un espazo que dea resposta ás súas propias demandas, xa que eles son os que máis saben e son os que máis teñen que aportar.
Relacionadas:
-
Ángel Moldes, próximo alcalde de Poio: "Mucha gente no votó al Partido Popular, votó a Ángel Moldes"
Por Anxo Lourido |
-
28M | Un espazo de innovación culinaria, enoturismo ou un campeonato de kitesurf, no plan de turismo do PP de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O PP de Poio pregunta ao goberno local polos aparcamentos prometidos hai un ano na leira de Coca-Cola
Por Redacción |
-
28M | O PP propón crear unha senda entre A Seca e o Castrove, o Roteiro do Río Mouro
Por Oskar Viéitez |