A Deputación adxudica seis contratos por 4,4 millóns de euros para a conservación de firmes nas estradas provinciais

Por Redacción
A Deputación de Pontevedra adxudicou seis contratos derivados do Acordo Marco de conservación de firmes para a súa rede de estradas.
Segundo informou en rolda de prensa a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a Xunta de Goberno Provincial adxudicou este venres estes contratos que supoñen un investimento de máis de 4,4 millóns de euros.
Carmela Silva resaltou que estas obras de conservación mellorarán 79 estradas provinciais ao longo de 45 concellos.
Así, entre outras, as tarefas inclúen a reposición de sinalización horizontal e mesturas, a reparación de fochancas, a mellora de pavimentos, regas, drenaxes ou o levantamento de firmes.
En todos os casos, tal e como explicou Carmela Silva, as obras desenvolveranse nun prazo de execución de 6 meses, de maneira que estarán finalizadas ao final de ano.