Reanúdase o programa local de prevención das condutas aditivas

Por Redacción
O proxecto de prevención das condutas adictivas no marco local retómase para ofrecer servizo de prevención deste tipo de condutas aos municipios de Cuntis, Campo Lameiro, Barro, Moraña e Portas.
Está cofinanciado polos cinco concellos e pola Consellería de Sanidade cun investimento de máis de 95.588 euros.
Desenvolveranse varios programas preventivos no ámbito escolar, familiar, xuvenil e comunitario ao longo do presente ano e durante 2024 e 2025.
A intención é potenciar hábitos e estilos de vida saudables. Desta forma os servizos prestados pola Unidade de Prevención centraranse no asesoramento sobre tratamentos de deshabituación de drogas coa posibilidade de derivación a centros asistenciais; asesoramento sobre tratamentos doutras adiccións sen substancias como os xogos de azar; o tratamento para deixar de fumar; o asesoramento familiar sobre a prevención das condutas adictivas desde a familia; e a aplicación de programas establecidos na Carteira de Servizos, por parte da Consellería de Sanidade.
As actividades que se desenvolverán ofrecen charlas, cinema e diferentes propostas para familias, escolares e novas.
A dirección para apuntarse é o Centro Ocupacional 'A Ran', Cuntis, o a través do teléfono 986595922 (en horario de 9:00 a 14:30 horas)
Tamén pode contactarse a través de prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es