Preocupación en Sanxenxo pola imaxe "desoladora" que deixou o temporal nas súas praias
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo encargou aos seus servizos técnicos a elaboración dun informe sobre os danos provocados polo temporal da pasada fin de semana. E é que segundo o goberno municipal deixou unha imaxe "desoladora". As incidencias afectaron principalmente á franxa litoral costera rexistrándose importantes estragos en todos os arenais e en toda a zona de dominio público.
Así, nos arenais da Lanzada o mar tragou parte do espazo dunar e a praia máis próxima ao santuario quedouse case sen area. O mesmo ocorreu parcialmente nas praias de Panadeira, Bascuas, Nanín ou na marxe esquerda da de Silgar entre outras.
Ademais a forza do mar arrasou cos entarimados de madeira de gran parte dos arenais de Montalvo e Areas, cubriu de area varios tramos en Major e destruído case por completo tanto a rampa como a pasarela de madeira e a torre de salvamento na praia urbana de Caneliñas.
En todos os arenais apréciase un importante movemento de area que ha ocasionando a aparición de enormes surcos como os localizados na praia de Canelas. Na praia de Pedra Alta en Dorrón a forza da mar provocou a caída da barandilla de pedra de gran parte do paseo que tivo que ser valado.
Da mesma xeito no lugar da Carabuxeira, o forte temporal no mar ocasionou estragos que afectaron a varias vivendas da zona. En relación a estas incidencias, o Concello espera recibir a autorización necesaria por parte do Ministerio de Medio Ambiente para levar a cabo a rexeneración da praia, coa que se pretende restablecer as condicións deste tramo de costa de dominio público.
Pese a todo, o Concello de Sanxenxo entende que cada propietario ten que ser responsable de preservar a seguridade da súa vivenda debendo velar polo seu estado e conservación, non correspondendo ao goberno municipal este tipo de actuación.
Relacionadas:
-
Sanxenxo cuantifica en 123.000 euros os danos causados polos temporais en 18 praias
Por Redacción |
-
O temporal deixa as praias sen area
Por Oskar Viéitez |
-
Avalían os danos causados polo último temporal para subsanalos "o antes posible"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As brigadas provinciais actúan de urxencia para reparar danos provocados polo temporal
Por Redacción |