Os espazos da contorna da reformada Estación de Autobuses pasan a mans municipais

Por Redacción
Anabel Gulías, voceira do goberno local, indicaba este luns que o Concello de Pontevedra xa recibe os espazos que rodean a estación de autobuses de Pontevedra por parte da Xunta de Galicia.
A partir de agora, o Concello farase cargo do mantemento de instalacións como a praza central fronte á estación; da conexión con pavimentación diferenciada entre a estación de tren e a de autobús e tamén os terreos laterais, cedidos previamente polo Concello á Xunta para que se executasen as obras de reforma da estación de autobuses.
Estes terreos conectan o paseo do río Gafos coa avenida Josefina Arruti. Agora, o goberno municipal prevé abrir en breve prazo de tempo a pasarela de madeira que une ambas as zonas.
"O río alí non estaba cuberto, había unha ponte, mais agora vemos un trazado máis aberto, mantendo unha conferencia coa zona de Josefina Arruti e a súa conexión con novos espñazos públicos", explicou a voceira municipal.