28M | O desenvolvemento da zona de equipamentos da Canteira da Graña, unha das propostas estrela do BNG de Marga Caldas

Por Oskar Viéitez
Este xoves, Marga Caldas xunto con parte da súa candidatura, presentou as cinco líneas xerais que artellan o programa do BNG de Poio.
Segundo afirmou a candidata nacionalista "este documento é un programa claro, conciso e directo, pensado para dar resposta ás necesidades das veciñas e vecinos deste Concello"
A mellora de espazos rurais e urbanos, máis infraestruturas viarias, máis dinamismo económico, deportivo e cultural, máis proximidade e o desenvolvemento da zona de equipamentos da Canteira da Graña son as cinco ideas clave nas que o BNG basa o seu programa.
Marga Caldas manifestou que "grazas á xestión económica do Concello puidemos mercar os terreos da Canteira da Graña, uns terreos que teñen unha extensión que van permitir acoller infraestruturas estratéxicas para o noso concello".
Entre outros equipamentos pensados para este espazo está "un novo pavillón eficiente enerxéticamente, que de resposta ás solicitudes e necesidades do tecido deportivo de Poio, cunha altura sufiente para a práctica da ximnasia rítmica, cun graderío que permita acoller probas internacionais de alto nivel, con novas pistas polivalentes e espazos de almacenaxe".
A candidata nacionalista engadiu para este mesmo entorno "a creación dun novo centro de saúde, que acolla todos os servizos necesarios para a veciñanza", con salas especializadas e técnicas, con profesionais da psicoloxía, fisioterapia ou hixiene dental.
"Sempre, subliñou Marga Caldas, tal e como se lle fixo constar ao Conselleiro de Sanidade, mantendo a cercanía dos consultorios de Raxó e Combarro". "Ademáis, coa construcción deste novo centro de saúde permitiría a conversión do actual en Anafáns, nun centro de día tan necesario para a veciñanza do noso concello, que ademáis xa está preparado para acoller unha instalación desta índole", engadiu.
A candidata do Bloque indicou que "esta parcela nos permite dar resposta a unha demanda cultural como a construcción dun auditorio e á súa vez a execución dunha infraestrutura viaria de novos accesos a Campelo, así como a construcción de novos espazos de aparcamento e zonas verdes".
Marga Caldas, anunciou á súa vez que o Concello leva tempo negociando co Arzobispado para a compra da escola infantil de Campelo, que se convertirá nun espazo polivalente que dinamizará a toda a contorna.
Relacionadas:
-
28M | Marga Caldas pon o parque cuberto de Rosalía de Castro como exemplo do seu modelo para as zonas infantís
Por Redacción |
-
28M | O BNG de Poio pedirá á Xunta a reurbanización do tramo da Barca da PO-308 e a súa transferencia
Por Oskar Viéitez |
-
28M | Marga Caldas, candidata do BNG en Poio, propón un centro multifuncional na vella gardería de Campelo
Por Redacción |
-
28M | O BNG aposta pola gastronomía, a natureza e os eventos culturais e deportivos para atraer turismo a Poio todo o ano
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O BNG quere que o centro de saúde de Anafáns sexa un centro de día para maiores
Por Oskar Viéitez |
-
28M | Marga Caldas, candidata do BNG, visita Distribuciones Froiz para exemplificar o dinamismo económico en Poio
Por Redacción |
-
Ana Pontón e a candidata Marga Caldas manteñen un encontro con integrantes de entidades deportivas
Por Redacción |
-
Marga Caldas presenta o equipo co que aspira a ser a primeira alcaldesa na historia de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Luciano Sobral pecha unha candidatura do BNG de Poio chea de "forza, ilusión e capacidade"
Por Oskar Viéitez |