Rescatan un veciño de Cambados que se quedara atascado dentro dunha tubaxe
Por Redacción
Atascado na tubaxe dunha canalización. Así atoparon os Bombeiros de O Salnés a un home de 68 anos de idade, veciño de Cambados, que estaba sendo buscando polos seus familiares, desde facía horas. Foi na zona coñecida como Campo da Vila, da parroquia de Oubiña.
Segundo o 112, ás 23.07 horas recibiuse o aviso de que había un varón de idade avanzada atascado na tubaxe dunha canalización. Ao lugar do suceso trasladáronse efectivos do 061, Protección Civil de Cambados, a Garda Civil e os Bombeiros de O Salnés. Ao chegar alí, comprobaron que o home, que aparentemente estaba ebrio, quedara encaixado na tubaxe e era incapaz de saír.
Tras auxilialo, o home foi trasladado ao Hospital de O Salnés para facerlle un chequeo completo.
Esta non é a primeira vez, segundo sinalaron, que este home é atopado en similares circunstancias na zona. Ademais, estaba sendo buscado pola súa familia, aínda que no 112 non constaba ningún aviso de denuncia.