Interese en Madrid polo modelo de Pontevedra para as zonas de baixas emisións
Por Redacción
A opción elixida por Pontevedra para cumprir coa obriga de implantar nas cidades unha zona de baixas emisións espertou un grande interese en Madrid. Foi no marco do foro A mobilidade como motor social, organizado pola Fundación Pons.
Nel, por parte de Pontevedra, participou o concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, que compartiu palestra con Lola Ortiz, directora de Planificación e Infraestruturas de Mobilidade en Madrid; e con Carolina Nuria Gómez López, concelleira de Mobilidade en Palencia.
"A industria do automóbil convidounos a participar porque están moi interesados en coñecer o noso modelo", destacou o edil pontevedrés, recordando que permite circular polo centro da cidade e que non obriga nin a cambiar de vehículo nin a pagar por atravesar o núcleo urbano.
Sostivo que "é un modelo propio e diferente que está a funcionar".
O concelleiro explicou que a súa intervención foi moi ben acollida, que se percibiu interese entre os asistentes e que mesmo xerou varias preguntas para poder afondar máis no modelo de baixas emisións de Pontevedra alén da explicación inicial.
"Todo o mundo quedou gratamente interesado en vir ata Pontevedra para ver como funciona", asegurou Demetrio Gómez.
Relacionadas:
-
Lores, sobre a zona de baixas emisións: "Se alguén quería cobrar por entrar en Pontevedra era o señor Domínguez"
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez axita o medo a posibles multas por circular nunha "chapucera" zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Así é o sinal que identificará a Pontevedra como zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Interese desde Cuba e Estados Unidos por coñecer o modelo urbano de Pontevedra
Por Redacción |
-
Alemaña sinala a Pontevedra como unha das cidades europeas "das que aprender"
Por Alejandro Espiño |
-
Toda Pontevedra é zona de baixas emisións e cumpre cos parámetros máis esixentes da Organización Mundial da Saúde
Por Oskar Viéitez |
-
A DGT identifica a Pontevedra como o seu "referente" en cidades "humanas, razonables y sostenibles"
Por Alejandro Espiño |