Sanxenxo precisa sete educadores infantís
Por Redacción
O Goberno local de Sanxenxo confirmou que a inminente apertura da nova Escola Infantil Municipal de O Revel xerará a creación de sete novos postos de traballo directos "sí como doutros indirectos correspondentes á limpeza, o catering, entre outros servizos".
Ademais, tal e como recordaron desde o executivo sanxenxino, estas prazas sumaranse ás sete xa existentes na Escola Infantil Municipal O Tombo, que subrogará o seu persoal pola empresa concesionaria da xestión de ambos centros, como xa quedara recollido nas condicións que rexeron o concurso público.
Será a Fundación de Estudos e Análises (FESAN), firma adjudicataria da concesión por un período de catro anos, quen levará a cabo o proceso de selección de traballadores que desempañarán a súa función na gardería de Vilalonga.
A empresa busca, pois, educadores que deberán contar con titulación específica como técnico superior de educación infantil ou equivalente, diplomado en maxisterio con especialidade en educación infantil ou equivalente, ou licenciado en pedagoxía ou psicopedagoxía.
Tamén se incorporará ao centro persoal de apoio cualificado con estes estudos ou cos de técnico en atención sociosanitaria ou técnico superior en animación sociocultural.
"Tal e como está a situación laboral hoxe en día consideramos que é unha moi boa noticia poder ofertar estas prazas e que aqueles veciños e veciñas deste concello que dispoñan da formación requirido poidan optar a lestes postos de traballo", indicaron membros do equipo de Goberno.
Pola súa banda, desde FESAN informaron que dada "a pronta apertura de centro" o prazo de recepción de currículos finalizará o próximo día 16. Os interesados en sumarse a este proceso selectivo poderán presentar a súa solicitude na Casa Consistorial, concretamente no departamento de Emprego, ou tamén enviando un correo electrónico a tecnicosemprego@sanxenxo.org