A obra do bulevar de Portonovo paralizarase desde o 30 de xuño ata o 3 de setembro
Por Redacción
A obra do bulevar de Portonovo paralizarase a partir do 30 de xuño co obxectivo de non afectar á actividade comercial e turística da vila mariñeira en plena tempada estival.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, a adxudicataria dos traballos calcula ter listo o 60% da obra e rematar os traballos de beirarrúas e canalizacións ata o entroncamento coa Travesía Areal.
O proxecto abarca un tramo de 810 metros no que se vai a substituír a rede de saneamento, abastecemento de auga, separación de pluviais, iluminación e redes telefónicas. A mellora contempla a ampliación dos espazos peonís e a ordenación do tráfico coa creación de dúas novas rotondas á altura da estrada de Adina e a rúa da Perla, un illote central que separa ambos os sentidos da circulación e o axardinamento e arboledo da travesía.
A empresa delimitou no seu cronograma 3 zonas ou fases de actuación. A primeira vai desde a rotonda de inicio dos traballos ata o mercado de abastos; a segunda, desde o mercado ata o cruzamento da Perla onde está prevista a construción dunha rotonda e a terceira, desde A Perla ata a nova rotonda de Canelas.
O deseño proxectado tamén inclúe a renovación dos servizos coa instalación das canalizacións subterráneas para o cableado de telefonía e para a electricidade que substituirán os actuais tendidos aéreos e a renovación das redes de abastecemento, saneamento, pluviais e de iluminación pública.
Relacionadas:
-
Paralizada, co 60% executado, a obra do bulevar de Portonovo para non interferir coa tempada turística
Por Redacción |
-
Sae a licitación a primeira fase do mercado de abastos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Beirarrúas e o lastro do pavimento, próximos pasos na creación do bulevar de Portonovo
Por Redacción |
-
Dous semáforos regularán o tráfico no treito en obras do futuro bulevar de Portonovo
Por Redacción |
-
A humanización da PO-308 en Portonovo farase en catro fases
Por Redacción |