Unha empresa especializada elaborou as alegacións de Cerdedo-Cotobade contra o parque eólico 'Ampliación As Penizas'
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade sustentou o informe negativo fronte ao procedemento de avaliación ambiental do proxecto Parque Eólico Ampliación As Penizas nun total de vinte alegacións preparadas pola empresa Tysgal.
Esta empresa, especializada en temas medioambientais, foi contratada pola administración local para argumentar legal e científicamente a oposición a saturación deste tipo de infraestruturas no municipio.
Entre as consideracións que realiza o informe municipal contrario ao Parque Eólico As Penizas figuran unhas de carácter xurídico, técnico, de afeccións sobre os dereitos da veciñanza, a hidroloxía, a paisaxe, a fauna, a flora e os espazos naturais protexidos.
En virtude aos puntos recollidos no informe elaborado polo equipo técnico de Tysgal para o Concello de Cerdedo-Cotobade, faise constar o rexeitamento da solicitude de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial (de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública das instalacións do parque eólico Ampliación As Penizas.
Este parque estaría emprazado nos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade e promovido por Greenalia Wind Power As Penizas S.L.U, polo que se pide a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais, paisaxísticos e turísticos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licencia social.
Relacionadas:
-
O TSXG rexeita suspender de forma urxente a autorización do parque eólico das Penizas e ordena seguir co trámite xudicial ordinario
Por Redacción |
-
Percorren en manifestación as rúas da Lama contra os múltiples proxectos eólicos
Por Oskar Viéitez |
-
Celebran un Via Crucis en Moraña para protestar contra o parque eólico do Acibal
Por Redacción |
-
O BNG presenta alegacións ao proxecto do Parque Eólico "Ampliación Penizas"
Por Redacción |
-
Indignación no BNG e PSOE pola autorización de seis parques eólicos en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |