Preparados para as nevadas
Por Oskar Viéitez
A provincia de Pontevedra está xa preparada para facer fronte a situacións meteorolóxicas adversas como fortes nevaradas.
Xunta, Deputación e Goberno Central, unen os recursos materiais, técnicos e humanos necesarios ante as posibles situacións de urxencias nas estradas "sen importar a titularidade de cada unha delas e atendendo coa maior eficacia ás zonas afectadas".
ÿ o Protocolo polo que se activa a Campaña de Vialidad Invernal na Rede de Estradas do Estado na provincia.
O obxectivo deste acordo é minimizar os efectos negativos das condicións climatológicas propias do inverno, con especial atención ás nevaradas e outras situacións meteorolóxicas extremas.
Nel especifícanse os procedementos de actuación e coordinación que se teñen que poñer en marcha ante unha predicción meteorolóxica adversa e durante o seu desenvolvemento, coa definición dos mecanismos particulares de cada fase da mesma: alerta, preemerxencia e urxencia.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, acompañado da xefa provincial de Tráfico, María Vitoria Gómez, e do xefe da Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez, realizaron unha visita ao parque de máquinas de Fomento en Lalín acompañados do alcalde da localidade, Xosé Crespo.
MEDIOS PARA A CAMPAÿA 2012-2013
O Plan tamén determina os tramos de estradas que poden resultar máis conflictivos en caso de nevaradas, os Postos de Mando Avanzados que se establecerán, as zonas para estacionamiento de vehículos no caso de pechadura ou restricción do tráfico, e os Centros de Conservación e Explotación onde se sitúan as máquinas quitaneves e outros equipamientos.
O Goberno disporá, ao comezo da campaña na provincia de Pontevedra, de 10 máquinas quitaneves ás que hai que engadir as oito nas autopistas AP-9 e AP-53, ademais de 1.890 toneladas de sal (en almacéns e silos) e 64.000 litros de salmuera.
Este ano increméntase sustancialmente a cantidade inicial almacenada de salmuera, (2.000 litros máis que o inverno pasado) fronte a anos anteriores polo seu menor impacto ambiental.
Existen tres Postos de Mando Avanzados. O de Lalín, en concreto, atende os portos de Santo Domingo e San Martiño na N-525 e os do Marco e Xindiriz na N-640.
O outro Posto de Mando Avanzado é o de Cerdedo, que atende o porto de O Paraño na N-541 e, para rematar, o terceiro posto é dos túneles de Folgoso, que atende o porto da Cañiza na A-52 e o de Fontefría na N-120.