Mozos "spiderman" para guiar aos políticos entre as nubes
Por Redacción
- Iremos polas terrazas como Spiderman.
Así o anuncia Miguel Pérez, un dos quince rapaces que pertence ás Asociacións Xoan XXIII, Xuntos e Alba e que van exercer como guías turísticos nos próximos días.
Este xoves 8 de novembro levarán a diferentes políticos da corporación a realizar as visitas por algúns dos edificios máis altos da cidade. Comezarán pola terraza da Casa Azul e pasarán polo Sexto edificio do Museo, polo das Torres e por Santa María.
Os quince mozos desenvolveron esta iniciativa tras a experiencia do ano pasado no proxecto Un paseo polas nubes no que eles eran os visitantes, unha iniciativa para integrar a persoas con discapacidade. Nesta ocasión sometéronse a cinco sesións prácticas para aprender o contido da ruta turística.
O sábado 10 haberá unha visita aberta aos veciños das asociacións de Pontevedra. Aqueles interesados en acudir deberán chamar ao 986.100.185 (extensión 7452)