Os novos empresarios poderán contar cun despacho no viveiro de empresas por 57 euros
Por Redacción
A concellería de Promoción Económica abriu o prazo para que as novas empresas que estean interesadas en desenvolver os seus proxectos a través do viveiro municipal de empresas poden presentar a súa solicitude dende este mércores 8 ata o 22 de xaneiro.
Os interesados en instalarse nas oficinas do viveiro da rúa Santa Clara dispoñerán dun período de ocupación máximo de 18 meses, que deberán renovar por semestres. O prezo de ocupación é de 82,22 euros mensuais para os despachos sinxelos; 164,43 euros polos dobres e 57,55 polos compartidos. Ademais destas oficinas, os beneficiarios contarán cunha sala de xuntas e servizos centralizados de recepción, recollida de correspondencia, ordenador, fax e fotocopias.
A adxudicación aos emprendedores será realizada en función dun baremo que contempla a presentación de proxectos empresariais en actividades emerxentes e xeradoras de emprego, promovidos por titulados recentes carácter innovador maior demanda de capacitación profesional nos postos de traballo que se van crear, utilización de materias primas autóctonas e, finalmente, as expectativas de promoción da actividade empresarial fóra do municipio.
Exclúense as actividades comerciais que supoñerán a apertura ao público dun establecemento. Segundo expón a concelleira de Promoción Económica "non" sería aceptable converter estes locais en centros de venda que fagan competencia desleal ao comercio establecido".
En caso de que se produzan vacantes, poderán tamén adxudicarse ás empresas que leven menos de dous anos creadas.
Carlota Román engadiu que a súa concellaría está a traballar para axilizar a tramitación en próximas convocatorias para evitar que os aspirantes teñan que presentar demasiados requisitos. Non pode ser ser", destacou, "que cada vez que conclúa o período de ocupación destes locais haxa que reiniciar un procedemento administrativo completo e complexo para cubrilos. Necesitamos ser máis rápidos e flexibles".
Segundo sinalan dende a concellaría, as bases xa están publicadas na web do Concello de Pontevedra.